Goat Simulator

Goat Simulator é un videoxogo de simulación en terceira persoa desenvolvido por Coffee Stain Studios. Foi estreado para Microsoft Windows por Steam o 1 de abril de 2014. As versións para macOS e Linux están a ser desenvolvidas. O modo de xogo é comparable ó dos xogos de skate, pero o xogador controla unha cabra cuxo único obxectivo é facer a maior das desfeitas nun mapa de mundo aberto. Concibido inicialmente coma un prototipo de broma, os vídeos en YouTube da versión provocaron grande expectación, polo que o estudio decidiu lanzar o xogo ó público.


Developed by StudentB